DESCRICIÓN:
Esta especie procedente de xardiñería pode verse nalgúns puntos galegos, naturalizada nas beiras de casas ou camiños.
Nalgunhas guías botánicas ainda pode atoparse co anterior nome aceptado de Lychnis coronaria (L.) Desr.
Silene: o nome do xénero está certamente ligado á figura de Silenus (en grego Σειληνός en latín Seilênós ), pai adoptivo e titor de Dionysus, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σίαλον (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies, ou de φαλλός (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado, inchado.
Coronaria: do latino coróna: coroa, guirnalda: apta para compoñer guirlandas ou con órganos dispostos en coroa. En alusión os seus froitos.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: